Thursday, December 20, 2007

Colaboracións n'O Pasquim - (Novas da Galiza)


A fin do Pasquin/m Pois como todo ten o seu fin, chegou o do Pasquim, para o que mandei este chiste coral-final, unha especie de apoteose da fin do suplemento. Mesmo incluin un par de chascarrillos sobre a esencia lusófona do suplemento e o xornal que o albergaba, pero os afectados mesmo riron coas alusións. Non hai maneira de picalos....

O expediente "X" bilingüistaVolvendo un pouco á parodia de filmes coñecidos (neste caso unha serie da TV), fixen esta plancha para o Pasquim adicado aos bilingüistas, adicándolle horas polo medio das miñas labores habituais para ANT. Scully e Mulder "lo flipan" cos expedientes galaicos, é máis do adoitan aturar nos seus casos máis complexos.




Annus Horribilis
Este foi o título do tema proposto para o Pasquín nº 6, en referencia aos problemas para os humoristas, co caso "El Jueves" e outra censura dun medio vasco por falar de El Rei.Por falla de tempo, só puden facer este chiste, que parodia aquelo da "tempada de patos (ou parrulos)- tempada de coellos", dunha curta de Buggs Bunny, o Pato Lucas e Elmer. A curta chámase "Rabbit, Fire!", e non me foi doado atopala porque hai outras dúas cos mesmos protagonistas (Duck Seasoning, e outra que non lembro), que xiran arredor do mesmo, pero donde non aparece a desternillante loita de carteis anunciando as tempadas de caza respectivas. A caricatura de Elmer está un pouco deformada para que lembre ao innombrable, pero non demasiado, porque, señores, vivimos nun estado de censura "real", ou non?

Mudanza de Climax


O mérito deste mini-comic [primeiro en bonitos colores que dou publicado n'O Pasquim, está en que o fixen nunha longa noite non de pedra (ben, de 10 da noite a 12 da mañán, eso é "unha longa noite", pero paréceme un bon record, polo menos para as miñas capacidades).
O tema era o cambio de clima, e collendoo polos pelos saiu esta parodia fílmica.O vicepresidente vitalizo é Quintana (por si non se recoñece moito).O chiste sobre o humano que non ten o título de galego foi a versión light, pois quería poñer algo sobre que os monos eran reintegracionistas, pero os meus amigos reintegratas igual non o entendían co debido humor, así que...
A catedral afundida seica aparece (na mesma escena) nunha portada dun libro de Xelis, o De Toro pequeno.Eu non sabía tal cousa, pero paréceme unha idea que se lle pode ocorrer a máis de un, pensando nesta película e sendo de Santiago.

Robustiano


Respostando ao tema do Pasquín nº...4 (a concesión dun soldo vitalicio de 15.000 euros/ano a ex-altos cargos da Xunta), fixen esta homenaxe ás Vidas ejemplares de Vázquez, que saían de vez en cando nos contos de Bruguera.Paseime da raia, porque nos orixinais só había dous versos por viñeta, e eu metín catro.Cando me din conta xa os tiña escritos, así que, para adiante.
Eu quería publicalo en cores, pero a cousa non pudo se, así que agora poñoo nunha especie de sepia, que remeda algo o aspecto daqueles tebeos.
Ao final, até me caeu ben o Robustiano (nome brugueriano).







Unha ollada aos
guiris-pilingrins

Segunda entrega do suplemento "O Pasquim". Número adicado aos turistas, este comic céntrase nos peregrinos que asolan Santiago, xa sen ter que ser Xacobeo nen nada.
Entre as personaxes retratadas aparece Doro, insigne personaxe compostelan, quen logo foi informado da súa aparición nesta historieta, e o autor non sabe moi ben si lle pareceu ben ou mal (máis ben se inclina por esto último, cousa comprensible, ainda que non había intención de menoscabo ou recochineo, senón de particular homenaxe). Como penitencia, agora teño que aturar as súas peroratas e referencias á historieta e ao seu pequeno papel nela, cada vez que mo cruzo.





O Dia Da Patria, máis ou menos
Primeira colaboración co suplemento O Pasquim, do mensual Novas da Galiza.
O tema era o día da Patria, polo que me permitín facer un acopio de tópicos e
lembranzas propias e alleas, que xa van uns cantos, cantísimos 25 de xullo enriba dun.












5 comentários:

Lenina said...

Pois eu si que venho mirá-lo algumha vez... E também descobrim o do teu anterrrrgo! (Hoje nom damos café, a ver amanhá!) Por certo, temos plam para fim de ano? :-)

Ardell'o Eixo said...

Caralho, qué rapidez, que ainda andaba eu fedellando nel...
Si o de pedir visitas era unha súplica de pobre blogueiro depre por non telas.Pero non me extraña, total tiñao tan abandonado que tiven que "loggear" para que me deran outra vez a contraseña, que me esquecera e non podía poñer cousas!

suso said...

"O Pasquim" acha de menos as tuas colaborações! Gonzalo, quando voltas?

P.S.: Lástima da versom "heavy" da piada com macacos reintegratas! Era boa! ;-)

Anonymous said...

[B]NZBsRus.com[/B]
Escape Sluggish Downloads With NZB Files You Can Hastily Search HD Movies, Games, Music, Software and Download Them at Blazing Speeds

[URL=http://www.nzbsrus.com][B]Newsgroup[/B][/URL]

Anonymous said...

Infatuation casinos? high-powered confident of this latest [url=http://www.realcazinoz.com]casino[/url] usher and hold up online casino games like slots, blackjack, roulette, baccarat and more at www.realcazinoz.com .
you can also into our lately [url=http://freecasinogames2010.webs.com]casino[/url] abroad of the closet of skin off instruct at http://freecasinogames2010.webs.com and toppling displace tangled dough !
another exquisiteness [url=http://www.ttittancasino.com]casino spiele[/url] locality is www.ttittancasino.com , in compensation german gamblers, custody via not hustling online casino bonus.